Casa 1918. Proxecto de reconstrución de vivenda unifamiliar afectada pola explosión de Paramos. Tui
Por tratarse dun proxecto de reconstrución de vivenda exemplar que nun ámbito catastrófico e repentinamente carente de referencias de identidade próxima e nunha parcela de morfoloxía e topografía complexas resolve con destacada habilidade todo o seu programa funcional, ofrecendo espazos á privacidade, e garantindo plena accesibilidade. Todo a través dunha estratexia de descomposición de volumes e uso intelixente das rampas, creando unha arquitectura de referencia e ligada á tradición.
Arquitectos
José Enríquez Méndez | Adrián Pinaque Alvite
Decidimos presentar este proxecto coa creencia de que a obra non se rematará debido ao recente pasamento dun dos seus promotores.
Previamente a catástrofe ocurrida na zona no ano 2018, os promotores tiñan unha pequena vivenda para disfrute da sua xubilación. O promotor carecía de visión e tiña movilidade reducida polo que precisaba da axuda da súa muller para se poder mover por medio dunha cadeira de rodas. Cando xurde a ocasión de reconstruir a vivenda a súa maior ilusión era que ésta fose o máis accesible posible.
A parcela na que se ubicaba a vivienda orixinal é unha parcela complexa que conta con preto de 200m2, está delimitada por unha pequena rúa e por duas edificacións en medianería. A maiores ten unha diferencia de cota de tres metros nos seus escasos trinta metros de desenvolvemento.
Por outra banda, o terreo no que se ubica é un terreo rochoso no que os bolos chegan até a cota da rúa, o que deu lugar a que os propietarios foran executando unha especie de pequenos "solcalcos" que salvaran a exitencia destas rochas sen ter que picalas. Estes "socalcos" son as únicas preexistencias que quedan da vivenda orixinal na parcela.
Partindo destas premisas e co obxetivo de xerar unha vivenda accesible, propónse unha nova disposición para os "socalcos" existentes, saneándoos e reordenándoos, e a xeración dun novo recorrido en pendente que forma una rampa serpenteante que vai conectando en altura as diferentes estancias e que permite que ambos propietarios dispoñan da totalidade da vivenda para o seu disfrute.
Ademáis dótase aos diferentes tramos da rampa de usos para aproveitar o pouco espacio do que se dispón. De esta forma o primeiro tramo da rampa forma parte do salón e achégase á cociña, o segundo recolle o uso de lavandería e no terceiro ubícase unha pequena librería.
Outro aspecto moi importante e que tamén demandaban os propietarios era a privacidade. Ao ter a rúa á mesma cota ca vivenda, decídese cerrar os cuartos á rúa e abrilos a uns pequenos patios interiores que enchen de luz as estancias e permiten a súa ventilación.
O salón, pola contra, ábrese ao resto da parcela que queda sen edificar e que xera un pequeno xardín ao sur, permitíndose disfrutar das vistas do tramo baixo do miño, con Valença e Tui ao Oeste.
O resultado final son catro volumes que acollen as diferentes estancias e unha rampa serpenteante que serve ao mesmo tempo de separación e unión entre os mesmos.