Aproin Digital 165 / Urbanización contorna Peto de Ánimas de Piñeiro  

Urbanización da contorna do Peto de Ánimas de Peitieiros

Piñeiro, Peitieiros. Gondomar

Arquitecto

Santos Vila González

Fotografía

Adrián Capelo Cruz

Esta obra trátase da primeira actuación dun proxecto que pretende recuperar e poñer en valor o camiño histórico que unía a Vila de Gondomar coa Igrexa de San Miguel, na parroquia de Peitieros.

En concreto a actuación sitúase no entorno do Peto de Ánimas de Piñeiro, centrándonos na contorna do mesmo co obxectivo de reurbanizar o espazo e poñer en valor o elemento patrimonial.

O proxecto de urbanización busca:

  • A posta en valor e recuperación dos elementos patrimoniais: Peto de Ánimas e levada do Gallés.
  • A creación dun espazo de estancia o carón do Peto de Ánimas de Piñeiro.
  • A recuperación da escala que tiña o Peto orixinalmente no espazo urbano.

O proxecto crea un espazo de protección na contorna do Peto de Ánimas, situándose a cota inferior do camiño actual. Créanse dous accesos a praza refundida mediante dous chanzos. O executar a praza refundida créase unha grada coa instalación de dúas plataformas de madeira a modo de banco.

Este espazo refundido márcase coa plantación de tres árbores que o delimitan e protexen. Substitúese a pavimentación de toda a contorna por pavimento de lastro e proponse unha iluminación para o conxunto.