Aproin Digital 181 / Exposición Paisaxes Incultas  

Exposición "Paisaxes incultas.
A metamorfose do monte galego

Torres Hejduk, Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Pola súa reflexión sobre a transformación do monte galego, invita a entrar e desde alí a reflexionar sobre a desaparición do autóctono, metamorfoseado polas especies novas que invaden, modifican e ocultan o territorio.

Arquitecta
cristina garcia fontan

Intervención nas Torres Hejduk do 26 de xuño ó 25 de outubro do 2020, onde se fai unha reflexión sobre a importancia do monte galego

Á hora de materializar a idea a torre de granito dótase dunha potente iluminación para mostrar un pedazo de monte como un elemento fráxil, delicado, con moito valor. Un círculo elevado do chan como nunha bandexa unha maqueta a escala real, coa súa vexetación e solo característico.

Pedra, musgo, líquens, matogueira, brezo, algo de toxo, herba, etc. Que se poide tocar. Facendo referencia ó caracter multisensorial da paisaxe escoitanse relatos de lendas vinculados ós montes e á paisaxe, para mitigar o ruido da sala. E sitúanse tamén nas esquinas paneis con relatos, lendas, poemas, cadros adicados ó monte como base de expresión artística e cultural que xera.

Na torre de vidro un solo roturado con plantas adventicias que medran de forma frondosa, que nos rodean e nos impiden a visión lonxana. Cando se abre o solo, case sempre aparece auga, neste caso o círculo da auga, que reflexan tamén esta frondosidade, que se pode recorrer e unha pequena cascada artificial no espazo circular. As plantas estarán identificadas coma nun xardín botánico coa súa descrición.

Utilízase a forma do círculo por ter tamén relación coas formas básicas de Hejduk.