Rehabilitación de Centro de Actividades de Montaña. Tui
ArquitectosAlfonso Salgado Suárez Francisco Xabier Liñares Túñez Salgado e Liñares, S.L.P. |
Fallo del jurado
Pola correcta integración no lugar de todo o conxunto edificado, tanto as novas construcións como os volumes rehabilitados, nun equilibrio perfecto entre volumetrías tradicionais e materialidade, o que permite a posta en valor do entorno.
Memoria
A literalidade do encargo demandaba un equipamento específico para actividades de turismo sostible no entorno do Parque Natural do Monte Aloia.
O proxecto tíñase que estruturar normativamente por dous camiños, complementarios pero diverxentes:
a) Rehabilitación das deficientes construcións “tradicionais” xa presentes na parcela.
b) Ampliación do preexistente ca incorporación de tres novas cabanas.
En resumo, o proxecto demandaba o seguinte programa:
- Un edificio de recepción, un albergue turístico e un edificio administrativo, a dispoñer nas construcións rehabilitadas.
- Tres apartamentos turísticos “tipo estudio”, a situar nas novas construcións.
É dicir, dous camiños que podían, ben diverxer, ben complementarse. O sistema construtivo das preexistencias non era quen de dar resposta as demandas plantexadas. A nula calidade do construído, o deficiente estado, exixía outro camiño... Estaba en xogo a calidade do programada e a súa integración nun entorno sensible.
A literalidade da norma debía dar paso a reflexión e ao matiz..., abandonar en definitiva o trazo groso. Optamos pola intelixencia:
Reconstrución dos volumes existentes con elementos prefabricados de formigón e madeira de piñeiro. Unha pel continua da mesma madeira establece o diálogo formal cas tres cabanas. Un conxunto homoxéneo que prima a calidade construtiva e a escala... A fin de contas, un correcto proceso de integración, que conserva a forma pero privilexia a linguaxe. Formas de facer, formas de construír, formas de integrar. Arquitectura.
Hai quen non o comprende.