Centro de urxencias extrahospitalarias
A Laracha. A Coruña
ArquitectasCristina Ezcurra de la Iglesia Cristina Ouzande Lugo ConstructorObras y Servicios Gómez Crespo, S.L. FachadaTecniagal, S.L. |
O Centro de Urxencias se sitúa dentro do núcleo urbano de A Laracha (A Coruña), nunha parcela cadrada definida por dúas rúas que fan esquina, unha enorme medianeira pertencente a un edificio de vivendas e a fachada traseira do actual centro de saúde.
Era preciso proxectar un edificio que ademais do su propio uso, servise para ordenar o espazo, establecendo unha relación de escala cos edificios da contorna e á vez resolver as conexións necesarias co centro de saúde, a gran medianeira e as vías públicas que lle dan servizo.
O edificio se distribúe en 2 plantas. A súa volumetría, en forma de L, pégase á medianeira existente, tratando de reducila súa presenza, e á fachada sur do actual centro de saúde, buscando facilitar a conexión con el. Deste modo liberamos espazo na parcela para o acceso dando lugar a un pequeno xardín onde se conserva un magnífico exemplar de álamo branco (Populus alba).
O noso obxectivo era conseguir que un edificio de uso sanitario puidese ser construído dunha forma respectuosa para o medio ambiente.
Proxectamos un edificio de madeira onde tanto os sistemas estruturais, como de pechamento, tabicaría e gran parte dos acabados se resolven mediante elementos tecnolóxicos de madeira maciza e derivados.
O sistema construtivo empregado permitiunos un alto nivel de prefabricación e desenvolver un proceso completo de construción en seco.
Tívose en conta a eficiencia medioambiental do edificio, achegándonos aos parámetros de consumo case nulo.