Rehabilitación

Rehabilitación da Casa da Viña. Allariz (Ourense)

Arquitectos

Sara Peleteiro Arquitectos
Juan Seara Oro

A casa asentábase no linde entre tres fincas, e chantada nun enorme penedo que ocupa boa parte da planta baixa. Desta rocha, nacen tres corpos que configuran 6 espazos de grandes alturas completamente independentes os uns dos outros. É pois, unha construción moi particular. Todo isto, obrigounos a ser radicais ca nosa proposta, dende a convicción de que debemos proxectar pensando non só nas ruinas nas que temos que intervir, se non tamén no valor das ruínas que imos deixar. Esa radicalidade levounos a ser escrupulosamente respetuosos ca preexistencia, preto á "non intervención". Modifícase o funcionamento interno en só 4 xestos: Apertura de pasos, aparición dunha escaleira labrada na rocha, iluminación cenital, e execución dun núcleo estrutural exento. Os novos usos debían de concentrarse neste elemento de carácter singular, sempre sen tocar os muros e trasmitindo unha contundente e sincera materialidade.