Urbanización da contorna do Peto de Ánimas de Peitieiros
Piñeiro, Peitieiros. Gondomar
ArquitectoSantos Vila González FotografíaAdrián Capelo Cruz |
Esta obra trátase da primeira actuación dun proxecto que pretende recuperar e poñer en valor o camiño histórico que unía a Vila de Gondomar coa Igrexa de San Miguel, na parroquia de Peitieros.
En concreto a actuación sitúase no entorno do Peto de Ánimas de Piñeiro, centrándonos na contorna do mesmo co obxectivo de reurbanizar o espazo e poñer en valor o elemento patrimonial.
O proxecto de urbanización busca:
- A posta en valor e recuperación dos elementos patrimoniais: Peto de Ánimas e levada do Gallés.
- A creación dun espazo de estancia o carón do Peto de Ánimas de Piñeiro.
- A recuperación da escala que tiña o Peto orixinalmente no espazo urbano.
O proxecto crea un espazo de protección na contorna do Peto de Ánimas, situándose a cota inferior do camiño actual. Créanse dous accesos a praza refundida mediante dous chanzos. O executar a praza refundida créase unha grada coa instalación de dúas plataformas de madeira a modo de banco.
Este espazo refundido márcase coa plantación de tres árbores que o delimitan e protexen. Substitúese a pavimentación de toda a contorna por pavimento de lastro e proponse unha iluminación para o conxunto.