Divulgación e Investigación

Longametraxe documental «A Seara»

Coguionistas

GAU Arquitectura e
Urbanismo, S.L.P.

Esta é a historia dun fracaso. Ou dun éxito. Ou dun fracaso que pagou a pena. Na Seara do Caurel houbo un proxecto de rehabilitación para facer máis atractiva turisticamente a aldea. Para levalo a cabo, era imprescindible a complicidade dos veciños. Anos despois, os arquitectos rememoran aquela experiencia, os desexos cumpridos e incumpridos, os acordos e desacordos, as dificultades e logros daquel proceso que os marcou e que marcou a vida da Seara.