Baixo Custo
Chip&Cheap. Noia (A Coruña)
ArquitectosMartín Insua Calvo José Barreiro Carreño |
A presente actuación sitúase nun barrio de carácter mariñeiro, concretamente no núcleo de Barro (Concello de Noia). Mediante este proxecto, preténdese recuperar a orixe do barrio, dotando aos veciños de espazos de reunión, primando os espazos abertos e peonís fronte ao tránsito rodado. Para isto, levouse a cabo unha plataforma de formigón coloreado que forma unha cruxía integradora das vivendas, chegando a humanizar un espazo que se atopaba en continuo proceso de deterioro.